DE REMATE

2ª Mano

DE REMATE

CAJARAVILLE, HÉCTOR

3,90 €
IVA incluido
Oferta
Editorial:
EDICIÓNS XERAIS
Año de edición:
2015
Materia
Galego
ISBN:
978-84-9914-931-8
Páginas:
216
Encuadernación:
Rústica
3,90 €
IVA incluido
Oferta

De remate é unha novela tremendamente singular no xeito de narrar. Está construída fragmentariamente a través das columnas de opinión do seu protagonista, o xornalista Bieito Sanmarful, complementadas con textos pertencentes ao seu diario íntimo e outros materiais de diversa procedencia: correos electrónicos, anotacións en blogs, poemas, documentos oficiais...
A través das páxinas desta novela non asistimos só ao retrato sociolóxico da Galicia que habitamos, senón que tamén imos descubrindo a propia vida e o itinerario persoal do protagonista, aflixido por unha doenza coa que se ve obrigado a convivir e que combate con humor, ironía e estoicismo.
Coa lectura dos seus textos imos descubrindo un Bieito Sanmarful que se mostra, nos últimos anos de súa vida, como unha persoa fráxil e dependente, autoesixente, que nos achega a súa visión nada dogmática sobre o mundo e as persoas que o rodean, a través dunha reflexión permanente sobre si mesmo.
Estamos ante un relato de estrutura poliédrica no que se artella un calidoscopio literario do país e dos seus habitantes valéndose dunha amálgama de estilos metaliterarios cos que o propio autor comparte protagonismos.
De remate é unha novela entretida, divertida, ben escrita, que recrea con acerto e moita habilidade diferentes rexistros lingüísticos, incluídas diversas variantes dialectais que axudan a retratar os personaxes; unha novela sólida, moderna, que convence, que engancha e que nos fai redescubrir o gusto pola palabra.

Artículos relacionados

  • O ÚLTIMO TRABALLO DO SR. LUNA
    MALLORQUÍ DEL CORRAL, CÉSAR
    Con esta novela de aventuras de ritmo trepidante, César Mallorquí soubo encaixar perfectamente as pezas dun crebacabezas. Un rapaz superdotado intelectualmente, aínda que demasiado vulnerable no plano afectivo, vaise ver involucrado nun complicado plan de vinganza orquestrado por un poderoso narcotraficante boliviano de cocaína. Polas rúas de Madrid, entrecrúzanse as vidas dun ...

    3,90 €

  • VOZ INSURRECTA,A. M? VICTORIA MORENO,ENTRE A LIT. A A VIDA
    PENA PRESAS, MONTSE
    Escritora, profesora, conferenciante e impulsora de diferentes iniciativas culturais. María Victoria Moreno foi unha muller con facetas moi diversas e cunha capacidade sorprendente para adiantarse ao tempo que lle tocou vivir. Cun estilo áxil, que combina a investigación das fontes co relato biográfico e a análise da obra literaria. Montse Pena achéganos en A voz insurrecta unh...

    3,90 €

  • TODOS SOMOS
    CALVEIRO, MARCOS
    Dende a desaparición de Natalia os pais de Antón xa non lle deixaban baixar o lixo á noitiña. Parecía incríbel que a súa vida, a vida de todos eles, dese un xiro tan brusco e dramático en tan pouco tempo. As cousas andaran nas mans do demo dende que a nova da desaparición de Natalia, compañeira de clase de Antón, correra como a pólvora por toda a praza da Bichoca. O sábado, ao ...

    3,90 €

  • A FERIDA DO VENTO
    RIVEIRO COELLO, ANTÓN
    En 1978, Antón ten quince anos e, logo de tres meses de internado, volve a Xinzo de Limia coa emoción de ver a súa primeria moza. ...

    3,90 €

  • LENDO LENDAS, DIGO VERSOS
    GARCÍA TEIJEIRO, ANTONIO / REIGOSA, ANTONIO
    Velaí, en harmoniosa compaña, vinte lendas con cadanseu poema. Lendas extraídas das raiceiras da nosa tradición, a maioría pouco coñecidas, moi variadas tanto na procedencia xeográfica como na temática tratada; poemas que, como fillos da fantasía que son, tiveron que ser arrincados dos «recantos do ... cerebro, anicados e espidos» pois semella que agardaban «en silencio que a a...

    3,90 €

  • DE REMATE
    CAJARAVILLE, HÉCTOR
    De remate é unha novela tremendamente singular no xeito de narrar. Está construída fragmentariamente a través das columnas de opinión do seu protagonista, o xornalista Bieito Sanmarful, complementadas con textos pertencentes ao seu diario íntimo e outros materiais de diversa procedencia: correos electrónicos, anotacións en blogs, poemas, documentos oficiais... A través das páx...

    3,90 €

Otros libros del autor

  • QUEN DÁ A QUENDA?
    CAJARAVILLE, HÉCTOR
    Agochada nunha mesta fraga está a cabana na que desde hai máis dun século ten o seu consultorio a meiga Divina. Ata aquí veñen clientes das máis diversas procedencias. Pero non pensedes que só as persoas se achegan ata o consultorio de Divina; un día calquera, na porta da cabana podemos ver un barco que se marea ou unha fervenza que quere vivir onda o mar; e no interior, unha b...

    3,90 €