CINCUENTA ASASINATOS BREVES E UN PRÓLOGO

2ª Mano

CINCUENTA ASASINATOS BREVES E UN PRÓLOGO

SÁNCHEZ LORENZO, ANTONIO

3,90 €
IVA incluido
Oferta
Editorial:
EDICIÓNS XERAIS
Año de edición:
2001
Materia
Galego
ISBN:
978-84-8302-630-4
Páginas:
200
Encuadernación:
Rústica
3,90 €
IVA incluido
Oferta

De orixe galega, Antonio Sánchez Lorenzo é autor de Fifty short murders and a prolog, a súa primeira postproducción literaria como socio director de Comunicación tres.1000, a empresa fantasma, con intereses literarios, que manten sólidos lazos co mundo estadounidense da costa leste. A presente edición e versión en galego desta orixinalísima obra, publicada en Xerais Narrativa, correspondeu a Ramón Guitérrez Izquierdo.
Estes cincuenta e dous relatos breves, dous deles inscritos nun apéndice, naceron a partir doutras tantas novelas longas que foron reescritas, reducidas e sintetizadas por un numeroso equipo de colaboradores, dirixido e coordinado por Antonio Sánchez Lorenzo que representaba ao autor (que por vaidade prefire quedar no máis absoluto anonimato) dun traballo literario moi dificilmente publicable cos criterios que, pola súa extensión desmesurada, hoxe utiliza o mundo editorial. Antonio Sánchez Lorenzo, en calidade de representante exclusivo do autor orixinal e máis de coordinador do equipo de autores finais e como autor do prólogo, asume así a autoría total deste libro.
As historias de Cincuenta asasinatos breves e un prólogo, non se refiren todas elas a asasinatos, entroncan coas caudalosas novelas de tódolos tempos, e ben puideron resumirse noutra época: un grupo de amigos descubre ó traidor gracias á cadeira sempre desocupada do café ó que acuden diariamente; a chamada da morte que persegue a alguén que se extraviou de xeito absurdo polas rúas dos suburbios da gran cidade; o regreso á Terra do derradeiro ser humano; o soño do que posuía un instinto infeliz; unha decepcionante fin do mundo... Historias todas elas que falan doutros mundos pasados, futuros ou incertos, que teñen a virtude de mergullarnos na nosa cotiá e tenebrosa irrealidade. Este libro é froito dun xogo de imposturas e suplantacións da obra literaria.

Artículos relacionados

  • TI
    LERTXUNDI, ÁNJEL
    Un día de xullo de 2012, a vida do protagonista do libro muda por completo. Á súa muller diagnostícanlle un letal cancro de páncreas. A existencia pasa a ser outra cousa desde ese instante. Os valores polos que se guía o mundo, agora teñen que ser outros. A enfermidade pasa a ocupalo todo. A inseguridade. O medo. Ánjel Lertxundi agasállanos un dos seus textos máis persoais e di...

    3,90 €

  • O ÚLTIMO TRABALLO DO SR. LUNA
    MALLORQUÍ DEL CORRAL, CÉSAR
    Con esta novela de aventuras de ritmo trepidante, César Mallorquí soubo encaixar perfectamente as pezas dun crebacabezas. Un rapaz superdotado intelectualmente, aínda que demasiado vulnerable no plano afectivo, vaise ver involucrado nun complicado plan de vinganza orquestrado por un poderoso narcotraficante boliviano de cocaína. Polas rúas de Madrid, entrecrúzanse as vidas dun ...

    3,90 €

  • COUSAS. EDICIÓN ESPECIAL OS QUINQUILLÁNS
    CASTELAO, ALFONSO
    Unha adaptación para a escena, pensada para públicos novos, dun dos textos clásicos da literatura galega contemporánea. As estampas de Castealo, combinación maxistral de relato e ilustración, serven de base para un espectáculo teatral distinto. ...

    3,90 €

  • CARA AO LESTE
    NARA, ANTÍA
    O velorio é un tempo de recollemento, de asumir o dó mediante os recordos dun pasado que axudan a levar a perda. Só que a mirada atrás se bota desde un presente que dá conta dunha traxectoria chea de medo, de represión, de fuxida ou o de conformismo polo que non puido ser. Na sala, nunha fría noite de xeada de febreiro, catro mulleres acompañan a última noite de Isolina, a fina...

    3,90 €

  • CABALOS E LOBOS
    P. LORENZO, FRAN
    Vigo. Setembro de 1972. Paula acaba de atravesar unha cidade tomada pola policía franquista e colapsada pola folga. Na súa casa, no alto do edificio de Gran Vía nº 2, agárdaa unha revelación. Ten quince anos e acaba de decatarse de que non coñece a súa nai, a herdeira dunha influente estirpe de empresarios alemáns asentados no porto vigués a finais da I Guerra Mundial. O que e...

    3,90 €

  • A CHAMADA DA SELVA
    LONDON, JACK
    No outono de 1894 o descubrimento de ouro en Klondike levou ata as rexións xeadas de Alaska a homes de todas as partes do mundo. A chamada da selva é a historia destes homes, desta epopea vivida no espello da aventura dun can, Buck, que tras catro anos de cómodo vagar na granxa do xuíz Miller, preto de San Francisco, ten que comezar unha vida rexida pola lei do vergallo e da l...

    3,90 €