BLUES DA RÍA

2ª Mano

BLUES DA RÍA

XESTEIRA, XOSÉ ÁNGEL

3,90 €
IVA incluido
Oferta
Editorial:
EDICIÓNS XERAIS
Año de edición:
2001
Materia
Xuvenil galego
ISBN:
978-84-8302-708-0
Páginas:
144
Encuadernación:
Rústica

O Detective vive entre dous mundos. Un, real, nunha chuviosa cidade galega, aberta a unha ría e ao Atlántico, na que se moven persoas con ambicións, sen escrúpulos, metidas en negocios pouco limpos, nos que o asasinato forma parte do xogo. Outro mundo, o imaxinario, é a vida en branco e negro das películas de Bogart, cheo de homes con sombreiro, mozas louras perigosas que beben martinis e onde se repiten as mesmas persoas ambiciosas e inmorais. O Detective vive instalado na fronteira que separa aos dous mundos, pasa mentalmente da realidade á fantasía na busca dunha solución a crimes antigos, a mortes novas e a amizades perdidas, pero en ámbolos dous mundos está condenado a arrastrar a épica poética dos perdedores.
Blues da Ría de J. A. Xesteira, divertidísima novela paródica do xénero negro, foi finalista do Premio de novela por entregas convocado polo xornal La Voz de Galicia. Unha contribución á revitalización da novela negra en lingua galega.

Artículos relacionados

  • A SOMBRA CAZADORA
    DE TORO, SUSO
    Dous irmáns viven co seu pai nunha casa totalmente arredados do mundo exterior. Fóra hai unha ameaza para todos eles que só o seu pai coñece. Un día o seu encerro vese alterado, e o seu pai advírteos: «Maxinade que a vosa sombra se separa de vós e toma vida de seu. Maxinade que a imaxe do espello toma vida propia e actúa pola súa conta. Ha chegar un momento no que teñades dific...

    3,90 €

  • TRECE ANOS DE BRANCA
    FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN
    Branca está enferma de hepatite. Desde hai nove días está na cama e ten que gardar repouso absoluto durante cinco ou seis semanas. Unha eternidade! Encima ten que pasar o seu aniversario así, e é un aniversario importante: trece anos. Ese día regálanlle un álbum de fotos e súa nai proponlle que o complete para non se aburrir. E así, pouquiño a pouco, Branca vai lembrando distin...

    3,90 €

  • MURIEL
    CANOSA, MARÍA
    A Muriel custáballe prender no sono, botaba de menos as conversas coa avoa e o tempo que pasaban xuntos. E os seus contos e os seus pasteis. E as súas limoadas. E os seus bicos máxicos que curaban calquera dor. E as súas bufandas. E a dose exacta de mel que había que botar na cunca de leite polas noites. E o seu olor e a calor do seu corpo. Coa avoa todo era sinxelo e todo era ...

    3,90 €

  • HUGO E O LADRÓN PANTASMA
    VILA SEXTO, CARLOS
    Nunca é doado ser o novo do colexio, sobre todo cando o novo é alguén coma Hugo, que ten un ollo de cada cor e aínda por riba anda nunha cadeira de rodas. Hugo nota a falta do mar de Noja, onde vivía antes. Con todo, adáptase axiña á súa nova vida e máis cando na localidade se producen uns estraños roubos que comeza a investigar cos seus amigos Max e Olivia. ...

    3,90 €

  • O CONTADOR DE ESTRELAS
    JAUREGUIZAR ORTIZ ZARATE, SANTI / ECHEVARRIA, CARLOTA
    Antía estaba certa de que aquel ía ser o verán máis aburrido da súa vida. Debía botar dous meses acompañando a nai nunha base do servizo antilumes, no medio dunha chaira seca e calorosa. Pero cando coñeceu a Enver, todo mudou; el abriulle a porta da astronomía e do namoramento. Xuntos enfrontaron os incendios que provoca o misterioso Piloto Vermello. Aquel verán acabou sendo o ...

    3,90 €

  • MIL COUSAS PODEN PASAR. LIBRO I
    FERNÁNDEZ SERRANO, JACOBO
    Os fillos do rei do mar, Neda e Mercurín, caen na conta de que se achega o aniversario do seu pai, Pindo IV o Tratable, e aínda non teñen agasallo. Na procura dese galano desencadéanse as mil cousas que dan título a obra de Jacobo Fernández Serrano, gañadora do Premio Merlín de literatura infantil 2009. A partir de aí, a narración vainos levando ao encontro dunha serie de perso...

    3,90 €