BIG-BANG

2ª Mano

BIG-BANG

BERNÁRDEZ VILAR, XOÁN

3,90 €
IVA incluido
Oferta
Editorial:
EDICIÓNS XERAIS
Año de edición:
1996
Sección
Xuvenil galego
ISBN:
978-84-7507-977-6
Páginas:
152
Encuadernación:
Otros

En Big-Bang un grupo de astronautas chega ó Terceiro Planeta á procura de varios compañeiros misteriosamente desaparecidos. Entrementres, ten lugar a magna convulsión que produce uns cambios ambientais e ecolóxicos que case conseguen a amputación traumática da vida no planeta. Os protagonistas convértense, así, en testemuñas duns feitos que contestan a boa parte dos interrogantes científicos que se viñeran formulando ó longo do relato. Big-Bang é unha novela clásica de ciencia-ficción, onde se mesturan moi acertadamente o desenvolvemento dunha aventura interplanetaria e as relacións interpersoais dun reducido grupo humano sometido a unha situación límite de supervivencia, coa reflexión sobre interrogantes científicos claves no momento actual, como a orixe do universo e de tódolos seres vivos. A novela foi merecedora do Premio de Narrativa convocado polo concello de Vilalba no ano 1993.

Artículos relacionados

  • MÚSICA NO FAIADO
    ALONSO DIZ, MIGUEL ÁNGEL
    Unha tarde de choiva e uns misteriosos ruídos no faiado dan comezo á descuberta da historia familiar de Lucía e Miguel, mantida en silencio durante anos. A represión, a emigración, o racismo, o medo e un evocador percorrido pola música do século XX conforman un libro de gran sensibilidade que, a través dos ollos inocentes de dous irmáns, ispe acontecementos do pasado recente du...

    3,90 €

  • CONTASALDADA
    DE TORO, SUSO
    Catuxa fala co fantasma do seu pai despois de que morrera no despacho da súa xestoría, probablemente asasinado por un cliente violento que se dedicaba ao narcotráfico. O fantasma encárgalle que lle entregue a Xermán, de quen lle di que é o seu medio irmán e do que Catuxa nada sabía, unha importante cantidade de cartos se colabora con ela na descuberta do autor do crime. " Cont...

    3,90 €

  • 4 XINETES
    FARIÑA, ANXO
    Quizais nunca o pensases. Quizais nunca considerases que algo así podería chegar a acontecer. Así que inténtao. Intenta imaxinar por un momento o que habías sentir se un día descobres que vas ser o causante da morte de sete mil millóns de persoas. Imaxina que es un Xinete da Apocalipse ...

    3,90 €

  • MIL COUSAS PODEN PASAR. LIBRO I
    FERNÁNDEZ SERRANO, JACOBO
    Os fillos do rei do mar, Neda e Mercurín, caen na conta de que se achega o aniversario do seu pai, Pindo IV o Tratable, e aínda non teñen agasallo. Na procura dese galano desencadéanse as mil cousas que dan título a obra de Jacobo Fernández Serrano, gañadora do Premio Merlín de literatura infantil 2009. A partir de aí, a narración vainos levando ao encontro dunha serie de perso...

    3,90 €

  • PALABRAS DE AUGA
    CALVEIRO, MARCOS
    O xamán Mkebe ordenou a todos os membros do clan dos Wakati da tribo dos Kimba que abandonasen o país Lomba coa esperanza de atopar unha terra mellor con auga abondosa. Dende entón, homes e mulleres camiñan, baixo un sol abrasador, a sabana poeirenta sen saber que lles pode deparar o futuro. Amadou aprenderá da súa nai a colleitar o alimento agochado nos formigueiros, mais tamé...

    3,90 €

  • JULES VERNE E A VIDA SECRETA DAS MULLERES PLANTA
    COSTAS, LEDICIA
    O 21 de maio de 1884 Jules Verne chegou a Vigo a bordo do seu impoñente iate. O afamado novelista levaba moito tempo atrás da pista das misteriosas mulleres planta. Lograría por fin, logo de tantos anos de busca, atopalas naquela baía? Na botica do vello Philipot custódiase un importante segredo: alí, aparentando normalidade, viven a avoa Melisa e Violeta, dúas mulleres rodeada...

    3,90 €

Otros libros del autor

  • UN HOME DE VILAMEÁN
    BERNÁRDEZ VILAR, XOÁN
    -Son de Vilameán e teño unha casa e unha pequena veiga. Pero a miña moza é de Vilariño; se vou vivir onda ela deberei doarlle as miñas propiedades ó mosteiro. Mais se a levo a vivir comigo a Vilameán, deberá ser ela quen dea as súas terras de Vilariño. Ese é o meu problema. O outro gardou un curto silencio. -É a lei -dixo logo. -É a lei -repetiu Pedro-. randa vivían os meus pa...

    3,90 €