BIEITO DUBIDOSO

2ª Mano

BIEITO DUBIDOSO

CAMESELLE CAPÓN, ROQUE

3,90 €
IVA incluido
Oferta
Editorial:
EDICIÓNS XERAIS
Año de edición:
2003
Sección
Galego
ISBN:
978-84-9782-079-0
Páginas:
240
Encuadernación:
Otros
3,90 €
IVA incluido
Oferta

Bieito Dubioso era mago, e nas súas mans de alas de colibrí tremían a velocidade da luz e a exactitude do reloxo. Facedor de acontecementos imposíbeis era quen de provocar a desaparición dunha persoa ou de serrar o corpo de calquera e volvelo colar, sen que as vítimas se apercibisen de nada do sucedido. Orixinario da vila de Tui, mercede á súa facultade de crear neve en calquera condición atmosférica, atopará en Destreza a compañeira coa que compartirá aventuras e descubrirá o amor. Esta primeira novela de Roque Cameselle, tecida sobre o marco histórico das discordias provocadas por Xelmírez entre Braga e a corte compostelá, amosa a capacidade ficcional prodixiosa dun dos nosos narradores máis novos. A maxia, o humor, as aventuras, a reflexión histórica, o amor mestúranse nunha novela de lectura engaiolante na que cada páxina depara unha nova sorpresa para o lector.

Artículos relacionados

  • O ÚLTIMO TRABALLO DO SR. LUNA
    MALLORQUÍ DEL CORRAL, CÉSAR
    Con esta novela de aventuras de ritmo trepidante, César Mallorquí soubo encaixar perfectamente as pezas dun crebacabezas. Un rapaz superdotado intelectualmente, aínda que demasiado vulnerable no plano afectivo, vaise ver involucrado nun complicado plan de vinganza orquestrado por un poderoso narcotraficante boliviano de cocaína. Polas rúas de Madrid, entrecrúzanse as vidas dun ...

    3,90 €

  • TODOS SOMOS
    CALVEIRO, MARCOS
    Dende a desaparición de Natalia os pais de Antón xa non lle deixaban baixar o lixo á noitiña. Parecía incríbel que a súa vida, a vida de todos eles, dese un xiro tan brusco e dramático en tan pouco tempo. As cousas andaran nas mans do demo dende que a nova da desaparición de Natalia, compañeira de clase de Antón, correra como a pólvora por toda a praza da Bichoca. O sábado, ao ...

    3,90 €

  • CAMIÑOS NA AUGA
    NÚÑEZ SINGALA, MANUEL
    "Son un negro / a miña pel é branca / e iso gústame / é a diferenza o que é bonito. / Son un branco / o meu sangue é negro / e iso encántame / é a diferenza o que é bonito. / Gustaríame / que nos entendésemos no amor / que nos comprendésemos no amor e na paz. / A vida será fermosa / cadaquén poderá ter o seu amor / a vida será fermosa". ¿Todos somos diferentes ou todos somos ig...

    3,90 €

  • COMA UNHA ÁNCORA
    COLLAZO LÓPEZ, IRIA
    Sobre todo, é unha novela de amor. Esa clase de amor que viaxa máis aló das fronteiras, da lóxica e do que coidamos normal. Unha espectacular novela de debut dunha autora que está chamada a protagonizar grandes páxinas na literatura galega. Neste libro atoparás momentos inesquecibles onde se manifestan o misterio e o inexplicable, mais tamén a vida con toda a súa forza, tanta, ...

    3,90 €

  • QUINTANA VIVA
    FILGUEIRA VALVERDE, XOSÉ
    Escritos ao longo de medio século, os relatos deste libro inícianse con "Os nenos", narracións escritas no ronsel das "cousas" de Castelao nas que o autor de Adral reflicte o seu xeito de contemplar o vivir galego. Recreación de personaxes e escenas dun tempo ido, estes relatos abrollan coa cor vívida e ricaz que traza a man áxil e coidadosa dun acuarelista maxistral. ...

    3,90 €

  • A OSCURA LUZ DO TIBER
    Mª DOLORES GONZÁLEZ LORENZO
    Cos turbulentos e apaixonantes anos do Imperio Romano baixo o mandato do emperador Nerón como marco de fondo, unha mociña chamada Marcia vainos ir relatando os momentos de alegría, inocencia e dor que se combinan na súa vida. Descubrirá a amizade, a xenerosidade, a forza da fe e, por fin, o amor da súa vida. Pero antes diso, experimentará tamén a traizón e o odio ata chegar ao ...

    3,90 €