BARROTES DOURADOS

2ª Mano

BARROTES DOURADOS

ALAPONT, PASQUAL

3,90 €
IVA incluido
Oferta
Editorial:
EDICIÓNS XERAIS
Año de edición:
2007
Sección
Xuvenil galego
ISBN:
978-84-9782-599-3
Páginas:
192
Encuadernación:
Rústica

A vida de Alexandre atópase nunha canella de difícil saída. Carolina, a súa moza, morreu nun accidente de moto. Dende entón, para el xa nada ten sentido. Nestas circunstancias coñece a Nuria, unha rapaza que pertence a unha asociación de amigos de Exipto. O contacto con esta xente abre a Alexandre as portas a un mundo novo, mais tamén fai que se adentre nunha rede esotérica onde a súa propia vida pode estar en perigo. Do mesmo xeito que O inferno de Marta, esta novela de Pasqual Alapont compleméntase cun interesante texto divulgativo. O xornalista Pepe Rodríguez, especialista no mundo das seitas, amósanos no epílogo ( " Seitas: Un camiño fácil a ningunha parte " ) os mecanismos internos que se agachan detrás dunha seita destrutiva. Unha obra que combina con acerto unha novela conmovedora e un estudo útil sobre este problema que pode afectar a algúns mozos e mozas.

Artículos relacionados

  • A TARTARUGA AMODOVOU
    CARBALLEIRA CABANA, PAULA
    Amodovou é unha tartaruga. Cada tartaruga, como cada persoa, ten o seu propio ritmo. Cando aprendeu a camiñar, Amodovou soubo que quería percorrer o mundo para sentir a súa música. E os paxaros, que de melodías entenden moito, foron acompañándoa na viaxe. Amodovou vai descubrir que ás veces é moi difícil ir sempre cara adiante, pero ela, valente e destemida, debuxará un sorriso...

    3,90 €

  • MÚSICA NO FAIADO
    ALONSO DIZ, MIGUEL ÁNGEL
    Unha tarde de choiva e uns misteriosos ruídos no faiado dan comezo á descuberta da historia familiar de Lucía e Miguel, mantida en silencio durante anos. A represión, a emigración, o racismo, o medo e un evocador percorrido pola música do século XX conforman un libro de gran sensibilidade que, a través dos ollos inocentes de dous irmáns, ispe acontecementos do pasado recente du...

    3,90 €

  • FÓRA DO NORMAL
    REIMÓNDEZ, MARÍA
    André, igual ca os heroes da Banda Deseñada como Superman, Batman e A muller marabilla que tanto admira, vive en conflito co seu corpo e coa súa identidade. Un conflito que lle parece irresoluble ata que ao seu instituto de Teis chega Mucha das Anzas, unha rapaza de Ribadeo que, contra todo prognóstico, non se sente fóra de lugar malia a súa orixe rural e a súa forma de entende...

    3,90 €

  • TRECE ANOS DE BRANCA
    FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN
    Branca está enferma de hepatite. Desde hai nove días está na cama e ten que gardar repouso absoluto durante cinco ou seis semanas. Unha eternidade! Encima ten que pasar o seu aniversario así, e é un aniversario importante: trece anos. Ese día regálanlle un álbum de fotos e súa nai proponlle que o complete para non se aburrir. E así, pouquiño a pouco, Branca vai lembrando distin...

    3,90 €

  • AS LÁGRIMAS DE SHIVA
    MALLORQUÍ DEL CORRAL, CÉSAR
    Todo comezou cun enigma: o misterio dun obxecto moi valioso que estivo perdido durante sete décadas: as Lágrimas de Shiva. ...

    3,90 €

  • A SEÑORITA BUBBLE
    COSTAS, LEDICIA
    A xente da vila sentiu un odio repentino pola señorita Bubble desde o mesmo día da súa chegada. A inventora apareceu por sorpresa unha mañá solleira, conducindo un convertible que funcionaba a vapor, e instalouse naquela vivenda que levaba tantos anos deshabitada. Repudiárona polo seu atavío, polos seus inventos, polo seu singular xeito de vivir. Ninguén sospeitaba o que en rea...

    3,90 €

Otros libros del autor