2ª Mano
Hans Giebenrath é o rapaz máis intelixente e admirado da súa pequena vila. E ninguén se estraña de que aprobe o difícil exame que lle dá acceso a estudar nun importante seminario. Pero cando Hans é separado do seu medio e forzado a concentrar toda a súa enerxía adolescente no estudo e no rigor dunha educación puramente libresca, a crise non tardará en aparecer. Este libro é a crónica dunha derrota, o sutil e expresivo relato da frustración motivada por un sistema educativo insensible a todo o que non sexan os resultados dos exames.