AS CHAMADAS PERDIDAS

2ª Mano

AS CHAMADAS PERDIDAS

RIVAS, MANUEL

3,90 €
IVA incluido
Oferta
Editorial:
EDICIÓNS XERAIS
Año de edición:
2002
Materia
Galego
ISBN:
978-84-8302-811-7
Páginas:
216
Encuadernación:
Rústica
Colección:
Edición Literaria - Narrativa

Como cando as paredes oen aos amantes, "Así, máis, máis, máis", estes novos relatos de Manuel Rivas, o autor de A lingua das bolboretas e O lapis do carpinteiro, non foxen da realidade senón que procuran máis e máis: ¡Máis realidade!
A memoria viaxa no lombo da linguaxe. Os recordos aquí non son pasado. Serven para a restauración da vida por medio tamén das sensacións e dunha mirada táctil. A vida concibida como unha sucesión de chamadas, das que as máis importantes son as que quedan no aire, aquelas coas que non establecemos contacto. O impacto destas perdas fai cambalear a existencia cotián. Esa excitación, ese erguerse na caída, é o punto de partida deste libro emocionante.
Estamos ante un realismo íntimo, onde golpea o abraio e a sorpresa, pero que refuga a convención do "máxico". Pola contra reclama máis e máis realidade: a que se oculta, agocha ou se disfraza. A literatura ven ser a nosa intrahistoria, e o camiño que aquí vai abrindo a escritura semella un paso clandestino, con tramos inquietantes, que nos leva á paisaxe da emoción.
Os vintecatro relatos de As chamadas perdidas rebélanse contra a fatalidade. Os personaxes loitan, corpo a corpo, contra a tristeza e a soidade. Fanse fortes co seu fío de esperanza e coas súas puñadas de humor e ironía. Cada relato parte dunha dimensión social que ser ve ao autor para expresar o ámbito persoal máis có colectivo. Esa viaxe interior dos personaxes avanza paralela a únha viaxe interna do libro, estructurado ao xeito dunha mar aberta, desde contos dunha factura máis clásica como "Nós os dous" , "O heroe" ou "O partido de Reis" a outros máis experimentais como "Snif, bang, bla, bla, bla" ou "Todos os animais falan". Vintecatro contos moi cinematográficos, escritos coa mestría característica da prosa de Manuel Rivas, constitúen, tamén, unha viaxe dende aquela Galicia popular dos anos sesenta, cando chegan os electrodomésticos e os mozos e mozas acudían aos salóns de baile, ata hoxe en día.

Artículos relacionados

  • TI
    LERTXUNDI, ÁNJEL
    Un día de xullo de 2012, a vida do protagonista do libro muda por completo. Á súa muller diagnostícanlle un letal cancro de páncreas. A existencia pasa a ser outra cousa desde ese instante. Os valores polos que se guía o mundo, agora teñen que ser outros. A enfermidade pasa a ocupalo todo. A inseguridade. O medo. Ánjel Lertxundi agasállanos un dos seus textos máis persoais e di...

    3,90 €

  • O CAMIÑO DA ESTADEA
    CARIDE, RAMÓN
    Unha videochamada ía mudar a vida de Said e Sheila para sempre. Levaban semanas sen intercambiar impresións des que Said se instalara en Suíza, onde vivía con Irina e traballaba nun laboratorio de investigación. Os tres amigos foran convidados a participar na inauguración dun gran centro comercial en Bambari, na África Central, o maior complexo do continente, un acontecemento g...

    3,90 €

  • O CREPÚSCULO E AS FORMIGAS
    MÉNDEZ FERRÍN, X. L.
    É o intre do crepúsculo. Agora é cando morre a lus e os perfiles das cousas deixan de ser concretos. Achego a miña cara á fiestra, aos vidrios da fiestra, e vexo a rúa longa, ateigada de xente informe, coma un carreiro de formigas que fervera estreitamente, escuramente. Os homes son coma formigas, na vila sen nome. E eu, niste intre do crepúsculo, véxoos desdebuxados, esvaído...

    3,90 €

  • PALABRAS ENVELENADAS: PREMIO EDEBÉ DE LIT. XUVENIL
    CARRANZA GIL DOLZ DE CASTELLAR, MAITE
    ¿Que pasou con Bárbara Molina? Nunca se encontrou o seu corpo nin se conseguiron probas para deter ningún culpable. Unha chamada a un móbil pon patas arriba o destino de moitas persoas: o dun policía a piques de se xubilar, o dunha nai que perdeu a esperanza de atopar a súa filla desaparecida, o dunha rapaza que traizoou a súa mellor amiga. Palabras envelenadas é unha crónica d...

    3,90 €

  • XOSÉ FILGUEIRA VALVERDE
    ALONSO MONTERO, XESÚS
    É esta a biografía dun polígrafo galego, do noso último polígrafo. Versado en moitos saberes humanísticos, cómpre salientar, da rica e caudalosa bibliografía de Xosé Filgueira Valverde, os seus estudos literarios, nomeadamente os centrados na lírica medieval galega. De 1935 data a súa tese de doutoramento sobre a Cantiga CIII de Afonso X, monografía exemplar no seu tempo dentro...

    3,90 €

  • A CHAMADA DA SELVA
    LONDON, JACK
    No outono de 1894 o descubrimento de ouro en Klondike levou ata as rexións xeadas de Alaska a homes de todas as partes do mundo. A chamada da selva é a historia destes homes, desta epopea vivida no espello da aventura dun can, Buck, que tras catro anos de cómodo vagar na granxa do xuíz Miller, preto de San Francisco, ten que comezar unha vida rexida pola lei do vergallo e da l...

    3,90 €

Otros libros del autor

  • O RAPOSO E A MESTRA
    RIVAS, MANUEL
    O raposo Pindo é un raposo solitario, que sabe as falas de todos os animais e as persoas; segundo se di é fillo do lobo Petiso e a raposa Meiga. Pindo ten un poder: é quen de hipnotizar a calquera cos seus ollos de lanterna. Ese poder conseguiuno, vendo como o Sol pousaba a súa luz, ao afundirse no mar, despedindo o día. ...

    3,90 €

  • BALA PERDIDA
    RIVAS, MANUEL
    Bala Perdida é o derradeiro pirata do Atlántico Norte, un capitán escrupuloso que anda acompañado dun corvo e dun grupo de bravos mariñeiros. Para resolver unha misteriosa abordaxe na máxica Costa da Morte, Bala Perdida busca a axuda dunha moza xornalista que só dá noticias bonitas. ...

    3,90 €

  • MADONNA E OUTROS CONTOS DE INVERNO
    RIVAS, MANUEL
    Manuel Rivas reuniu neste libro oito dos seus contos que teñen o inverno e o Nadal como pano de fondo, tanto no presente como nas lembranzas dos personaxes. A tristeza da emigración, a experiencia límite do naufraxio, o amor que nos defende das adversidades, a resistencia durante o franquismo, a traizón que nos derrota, as consecuencias do tráfico de drogas, a ledicia de xogar ...

    3,90 €

  • TODO É SILENCIO
    RIVAS, MANUEL
    Todo é silencio narra o irresistíbel ascenso social de Mariscal, un capo contrabandista, e das almas que habitan Noitía, o universo que domina ao seu antollo. En Noitía, na costa atlántica, houbo un tempo en que as redes do contrabando, reconvertidas ao narcotráfico, acadaron tanto poder que estiveron moi preto de controlar o poder social e as institucións. Todo é silencio narr...

    3,90 €

  • BALA PERDIDA - OBRADOIRO
    RIVAS, MANUEL

    3,90 €

  • ¿QUÉ ME QUIERES AMOR?
    RIVAS, MANUEL

    3,90 €