ARIADNA

2ª Mano

ARIADNA

MIRANDA, XOSÉ

3,90 €
IVA incluido
Oferta
Editorial:
EDICIÓNS XERAIS
Año de edición:
2002
Sección
Xuvenil galego
ISBN:
978-84-8302-769-1
Páginas:
136
Encuadernación:
Rústica
Colección:
Infantil E Xuvenil - Fóra De Xogo
3,90 €
IVA incluido
Oferta

Adriana e Ariadna son dúas irmás xemelgas que chegan ata o Vello Planeta nunha viaxe turística, gracias a que foran gañadoras dun concurso dos que aparecen nas tapas de cartón dos cereais. A estancia prevista de quince días, despois da viaxe dende o seu planeta Europa, no foguete interplanetario Hecatonquiric IV, modificará totalmente as súas vidas. No Vello Planeta aloxaranse no Cristal Palace, un dos dous únicos puntos de presencia humana no planeta virxe, no Paraíso Perdido do que a humanidade emigrara uns séculos antes. Alí atópanse cunha banda de foraxidos, con criaturas nativas semihumanas e cun científico coroado por un nimbo de luz. Hai unha rapaza robot, Preciosa, que se cre humana e que pregunta constantemente pola súa familia, e un rapaz de ollada triste e andares estraños. No seu primeiro día de estancia no planeta saen á caza de unicornios. O fío que une a Adriana e Ariadna vaise adelgazando nese labirinto constituído por un planeta enteiro.
Ariadna, a última novela de Xosé Miranda, é unha obra de ciencia ficción engaiolante. Unha novela de aventuras trepidante, enfiada por una intriga permanente. Unha viaxe á procura da felicidade, enfiada polo descubrimento da identidade dos seres humanos, aqueles que gozan do amor e da tristeza, os que viven a mercede da natureza coas únicas armas da intelixencia e a solidariedade.

Artículos relacionados

  • A TARTARUGA AMODOVOU
    CARBALLEIRA CABANA, PAULA
    Amodovou é unha tartaruga. Cada tartaruga, como cada persoa, ten o seu propio ritmo. Cando aprendeu a camiñar, Amodovou soubo que quería percorrer o mundo para sentir a súa música. E os paxaros, que de melodías entenden moito, foron acompañándoa na viaxe. Amodovou vai descubrir que ás veces é moi difícil ir sempre cara adiante, pero ela, valente e destemida, debuxará un sorriso...

    3,90 €

  • MÚSICA NO FAIADO
    ALONSO DIZ, MIGUEL ÁNGEL
    Unha tarde de choiva e uns misteriosos ruídos no faiado dan comezo á descuberta da historia familiar de Lucía e Miguel, mantida en silencio durante anos. A represión, a emigración, o racismo, o medo e un evocador percorrido pola música do século XX conforman un libro de gran sensibilidade que, a través dos ollos inocentes de dous irmáns, ispe acontecementos do pasado recente du...

    3,90 €

  • FÓRA DO NORMAL
    REIMÓNDEZ, MARÍA
    André, igual ca os heroes da Banda Deseñada como Superman, Batman e A muller marabilla que tanto admira, vive en conflito co seu corpo e coa súa identidade. Un conflito que lle parece irresoluble ata que ao seu instituto de Teis chega Mucha das Anzas, unha rapaza de Ribadeo que, contra todo prognóstico, non se sente fóra de lugar malia a súa orixe rural e a súa forma de entende...

    3,90 €

  • TRECE ANOS DE BRANCA
    FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN
    Branca está enferma de hepatite. Desde hai nove días está na cama e ten que gardar repouso absoluto durante cinco ou seis semanas. Unha eternidade! Encima ten que pasar o seu aniversario así, e é un aniversario importante: trece anos. Ese día regálanlle un álbum de fotos e súa nai proponlle que o complete para non se aburrir. E así, pouquiño a pouco, Branca vai lembrando distin...

    3,90 €

  • AS LÁGRIMAS DE SHIVA
    MALLORQUÍ DEL CORRAL, CÉSAR
    Todo comezou cun enigma: o misterio dun obxecto moi valioso que estivo perdido durante sete décadas: as Lágrimas de Shiva. ...

    3,90 €

  • A SEÑORITA BUBBLE
    COSTAS, LEDICIA
    A xente da vila sentiu un odio repentino pola señorita Bubble desde o mesmo día da súa chegada. A inventora apareceu por sorpresa unha mañá solleira, conducindo un convertible que funcionaba a vapor, e instalouse naquela vivenda que levaba tantos anos deshabitada. Repudiárona polo seu atavío, polos seus inventos, polo seu singular xeito de vivir. Ninguén sospeitaba o que en rea...

    3,90 €

Otros libros del autor

  • AMANCIO AMIGO E O MEIGO DE SALAMANCA
    MIRANDA, XOSÉ
    Amancio Amigo, o rapaz protagonista desta novela, é un mozo do Courel que estuda en Salamanca. Está namorado da Susana, a filla do cacique. Pero Amancio é pobre e poeta. Unha tarde, co seu amigo Ze Escolarão visita a un taxidermista que vive na rúa da Bufarda, 666. Na fachada da casa enxérgase unha gárgola que representa a un demo botando a lingua. Os rapaces beben do viño que ...

    3,90 €

  • AS MANS DO MEDO
    MIRANDA, XOSÉ
    Desde o primeiro día que puxo os pés na casa da praia comezaron a sucederlle dúas cousas que, aparentemente, parecían non estar relacionadas: empezou a proerlle, arderlle a man esquerda e comezou a pensar compulsivamente en cambiar de lugar o pozo negro. Máis tarde, notou que os dedos perderan sensibilidade e foi quedando abraiado pola súa torpeza cando cavaba un foso no Cemite...

    3,90 €

  • ÁLVARO E ÁLVARO
    MIRANDA, XOSÉ
    Álvaro, un neno fraco, gafotas e despistado, nun día de excursión cos seus compañeiros de clase caeu nun furado da Cova do Rei Cintolo. Dende entón ten que sufrir a existencia doutro individuo que é verdadeiramente igual a el, en todas as cousas e en todas as circunstancias, coma se fose o seu xemelgo ou a súa imaxe no espello. Álvaro comprobará que o suplanta na súa casa, que ...

    3,90 €

  • PIEL DE LOBO
    MIRANDA, XOSÉ

    3,90 €

  • TARXETA VERMELLA
    MIRANDA, XOSÉ

    3,90 €