A VENUS DE CRISTAL

2ª Mano

A VENUS DE CRISTAL

CHELO SUÁREZ

3,90 €
IVA incluido
Oferta
Editorial:
EDICIÓNS XERAIS
Año de edición:
2008
Materia
Galego
ISBN:
978-84-9782-694-5
Páginas:
142
3,90 €
IVA incluido
Oferta

Pietro Puliani é un afamado vidreiro veneciano que posúe grandes coñecementos sobre alquimia e poderes adiviñatorios aprendidos no Exipto. Todo o que rodea a figura de Pietro é un gran misterio: vive nun dos illotes de Venecia e habita un suntuoso palacio ao que case ninguén accedeu nunca; agocha a súa face baixo unha máscara carnavalesca; goza do respecto da alta nobreza e da protección do Dogo; ninguén sabe a súa idade e moitos pensan que é o mesmo demo. Pietro Puliani dedica a súa vida á busca da beleza e da inmortalidade femininas. Para dar con elas, frecuenta todos os bordeis da cidade na procura da rapaza que agoche no seu interior unha alma inmortal e bela. Cunha prosa elaborada, que recrea ambientes preciosistas e ás veces oníricos, A venus de cristal, a novela coa que Chelo Suárez Muíños debuta na colección Xerais Narrativa, retrata con precisión descricións de escenas e lugares marabillosos e personaxes entre fantásticos e grotescos daquela Venecia do século XV, conducindo ao lector cun ritmo áxil polas súas páxinas.

Artículos relacionados

  • TI
    LERTXUNDI, ÁNJEL
    Un día de xullo de 2012, a vida do protagonista do libro muda por completo. Á súa muller diagnostícanlle un letal cancro de páncreas. A existencia pasa a ser outra cousa desde ese instante. Os valores polos que se guía o mundo, agora teñen que ser outros. A enfermidade pasa a ocupalo todo. A inseguridade. O medo. Ánjel Lertxundi agasállanos un dos seus textos máis persoais e di...

    3,90 €

  • ADIÓS MARÍA
    TORRES, XOHANA
    María, ou Maxa, é a protagonista desta historia en que os personaxes son todo. A autora penetra na súa psicoloxía para cercenar as súas almas e poñérnolas diante dos ollos. Na novela atopamos unha clara denuncia social da emigración, as súas causas e as súas consecuencias, así como unha fermosa recreación da linguaxe suburbial. Publicada por primeira vez en 1971, esta é unha da...

    3,90 €

  • CAMIÑOS NA AUGA
    NÚÑEZ SINGALA, MANUEL
    "Son un negro / a miña pel é branca / e iso gústame / é a diferenza o que é bonito. / Son un branco / o meu sangue é negro / e iso encántame / é a diferenza o que é bonito. / Gustaríame / que nos entendésemos no amor / que nos comprendésemos no amor e na paz. / A vida será fermosa / cadaquén poderá ter o seu amor / a vida será fermosa". ¿Todos somos diferentes ou todos somos ig...

    3,90 €

  • COMA UNHA ÁNCORA
    COLLAZO LÓPEZ, IRIA
    Sobre todo, é unha novela de amor. Esa clase de amor que viaxa máis aló das fronteiras, da lóxica e do que coidamos normal. Unha espectacular novela de debut dunha autora que está chamada a protagonizar grandes páxinas na literatura galega. Neste libro atoparás momentos inesquecibles onde se manifestan o misterio e o inexplicable, mais tamén a vida con toda a súa forza, tanta, ...

    3,90 €

  • ÁMOTE LEO A. DESTINO XALUNDES
    ANEIROS, ROSA
    Catro amigos e unha gran viaxe. Este era o plan de Leo ao rematar os estudos universitarios. En cambio, todo se esborralla uns meses antes de partir, cando os seus colegas se botan atrás e Leo debe afrontar unha decisión transcendental: desistir ela tamén ou marchar soa. A encrucillada é difícil e as dúbidas afógana, pero a ansia por coñecer mundo pode máis que todos os medos. ...

    3,90 €

  • A CHAMADA DA SELVA
    LONDON, JACK
    No outono de 1894 o descubrimento de ouro en Klondike levou ata as rexións xeadas de Alaska a homes de todas as partes do mundo. A chamada da selva é a historia destes homes, desta epopea vivida no espello da aventura dun can, Buck, que tras catro anos de cómodo vagar na granxa do xuíz Miller, preto de San Francisco, ten que comezar unha vida rexida pola lei do vergallo e da l...

    3,90 €