Libros de Editorial : EDITORIAL GALAXIA / Colección : Costa Oeste

14 resultados

  • CABEZA DE PELOURO
    NOZIERE, JEAN-PAUL
    Un libro sobre o esforzo dunha rapaza alxeriana por saír adiante en Europa. Un libro sobre a intolerancia. Aïcha non é unha adolescente calquera. De orixe alxeriana, prepara os exames de bacharelato pola súa conta nunha pequena vila francesa, á vez que se ocupa do seu irmán maior, Mouloud, cheo de obsesións e ao bordo da tolemia. Descobre o difícil pasado da súa nai en Alxeria ...

    3,90 €

  • O SEGREDO DE MARCO POLO
    CASTRO VELOSO, FRANCISCO
    Nesta nova novela, publicada na colección Costa Oeste de Galaxia, o autor viaxa á Venecia do século XIII para construír unha historia de amor entre un xove soldado, fillo do militar máis importante da cidade (un home dominante que ten anulada a capacidade de decisión do seu fillo), e unha principessa, Naia, fermosa e adorada por toda a cidade, sobriña do Dogo e obrigada por est...

    3,90 €

  • STEFANO
    ANDRUETTO, MARÍA TERESA
    Esta novela narra a viaxe dun adolescente italiano que sae desde Xénova rumbo a Bos Aires na procura de fortuna, a comenzos do século XX, entre as dúas grandes guerras. A fame e a dor, a despedida da súa nai, o camiño cara ao porto cuns amigos que tamén marchan, a viaxe no barco, un naufraxio, a chegada ao porto de Bos Aires, a súa viaxe en tren cara á Pampa, a súa incorporació...

    3,90 €

  • SOIDADES DE ANA
    SIERRA I FABRA, JORDI
    No silencio da ausencia, a súa irmá intenta reconstruír os últimos días de Ana, cando, abandonada por todos, se ve obrigada a vivir as súas máis fondas soidades. ...

    3,90 €

  • AS CONFESIÓNS DE CARLOTA DOYLE
    AVI
    Carlota é unha rapaza de trece anos que emprende unha viaxe desde Liverpool (Inglaterra) ata Providence (Estados Unidos) a bordo do Seahawk, un enigmático barco gobernado polo capitán Jaggery no que moi poucos mariñeiros se queren enrolar. Carlota Doyle nunca poderá prever os terribles sucesos dos que vai ser protagonista e que transformarán por completo a súa vida. ...

    3,90 €

  • MECANOSCRITO DA SEGUNDA ORIXE
    PEDROLO, MANUEL DE
    Conta a historia de Alba e Dídac, dous rapaces que sobreviven a unha catástrofe que fai do mundo un lugar desolado e infernal. Desde o espanto dos primeiros momentos, a parella irá evoluíndo e adaptándose ao novo contorno até facer do amor o acontecemento central das súas vidas. ...

    3,90 €

  • SEDE EN OURENSE
    CASAL, UXÍA
    A falta de auga, é o gran problema que transforma a vida dos ourensáns. A ausencia do prezado líquido provoca cambios de costumes e fai xurdir negocios clandestinos non exentos de riscos. Arredor dunha cervexaría de Ourense na que se tecen intrigas, amores, pescudas e fondas amizades enléase a trama desta novela que provoca sede... de lectura. ...

    3,90 €

  • MOONKID E LIBERTY
    KROPP, PAUL
    A obra preséntanos as peripecias de dous irmáns influenciados por dous mundos distintos. O do seu pai, un libreiro nostálxico do hippismo, e o da súa nai, unha adiñeirada profesional. Ian -Moonkid- prefire o mundo do pai e considérase un extraterrestre en medio dos seus compañeiros de instituto. Polo contrario, Libby -Liberty- identifícase máis coa súa nai e o único que desexa ...

    3,90 €

  • FUMES DE PAPEL
    ALCALÁ, XAVIER
    Este é un relato clásico do acontecido nun período extraordinario da vida de Pedro Teixo, un fillo do pobo ambicioso e esforzado que vai ver realizado o seu desexo: converterse en protagonista do despegue industrial da súa vella vila. Nesta novela Xavier Alcalá conta o que puido ter acontecido en calquera vila galega durante os anos do "desarrollismo" e o que pode acontecer na ...

    3,90 €

  • DURMIDO SOBRE OS ESPELLOS
    SIERRA I FABRA, JORDI
    Na procura deses retrincos familiares agochados, Diego viaxa á illa caribela. Alí atopa un vello, unha historia e mais a Tania, o seu primeiro amor. ...

    3,90 €

  • ANAGNÓRISE
    MORENO, MARÍA VICTORIA
    O protagonista principal de Anagnórise é Nicolau Arís, un rapaz con problemas que un día decide deixar os estudios no Instituto e marcha a Madrid co propósito de encontrar a uns amigos que se dedican a negocios relacionados co tráfico da droga. A viaxe en autostop faina cunha muller intelixente, de nome celosamente oculto, que o recolle na estrada, e coa cal fala durante as hor...

    3,90 €

  • A MÁSCARA DE PALMA
    CASALDERREY, FINA
    A máscara de palma é o exótico obxecto que dá título a esta novela e que actúa como símbolo da peripecia vital que a protagonista, unha rapaza chamada Amalia, vive na Habana ao coñecer a un excéntrico artista cubano. Pezas clave desta novela non só para adolescentes son a arte, un misterio, a incerteza, se cadra amor… Nela, a cidade da Habana, coa súa mestura de maxestade e pod...

    3,90 €

  • GUEDELLAS DE SEDA E LIÑO
    MORENO, MARÍA VICTORIA
    Unha novela chea de contrastes que prescinde das convencións máis rutineiras da narrativa xuvenil. En Guedellas de seda e liño a nobre delicadeza do ambiente pacego habitado polos seus protagonistas contrasta vivamente coa ruindade sempre ó axexo dalgúns personaxes que por alí rondan. A novela está escrita coa pulcritude estilística e o rigor constructivo que caracterizan a lit...

    3,90 €

  • LINGUAS LONGAS
    LÓPEZ RODRÍGUEZ, XAVIER
    Cunha ollada que cuestiona os mecanismos da sociedade, Xavier López Rodríguez relátanos o destino emocionante dun vello conserxe que se ve metido nunha xungla de rumores e falsas informacións. Botando man dunha estructura baseada nos cambios de perspectiva, Xavier López Rodríguez chega a revelar o fondo de incomprensión e intolerancia no comportamento aparentemente inocente das...

    3,90 €