TRES PASOS POLO MISTERIO

2ª Mano

TRES PASOS POLO MISTERIO

FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN

3,90 €
IVA incluido
Oferta
Editorial:
EDICIÓNS XERAIS
Año de edición:
2016
Materia
Xuvenil galego
ISBN:
978-84-9782-105-6
Páginas:
216
Encuadernación:
Rústica
Colección:
Infantil E Xuvenil - Fóra De Xogo

Tres pasos polo misterio recolle tres relatos nos que a presenza do misterio ocupa un lugar central. En cada un deles unha persoa narra un suceso inquedante e inexplicable que acabou por mudar de xeito profundo a súa vida. O arqueólogo de “A serpe de pedra” conta os terribles acontecementos acaecidos nun museo de Lugo provocados pola maldición agochada durante miles de anos baixo un monumento megalítico. O xove peregrino de “A vella foto das estrelas” relata como debido a un encontro marabilloso acaecido no Camiño de Santiago tocou o misterio da presenza terrible e marabillosa que vén coa noite chea de estrelas. O historiador de “As sombras do faro” rememora, trinta anos despois, os estraños e desacougantes sucesos, tan claros na súa memoria, da enigmática torre de Pontebranca, un faro derruído, onde se viviron experiencias terribles. Un libro que guía os nosos pasos polos camiños do misterio, da intriga e do terror.

Artículos relacionados

  • MÚSICA NO FAIADO
    ALONSO DIZ, MIGUEL ÁNGEL
    Unha tarde de choiva e uns misteriosos ruídos no faiado dan comezo á descuberta da historia familiar de Lucía e Miguel, mantida en silencio durante anos. A represión, a emigración, o racismo, o medo e un evocador percorrido pola música do século XX conforman un libro de gran sensibilidade que, a través dos ollos inocentes de dous irmáns, ispe acontecementos do pasado recente du...

    3,90 €

  • A BIBLIOTECA DE PEDRARCANA
    TABOADA, CARLOS
    Pedrarcana de Leria era unha cidade engaiolada nunha burbulla de tedio. Alí case nunca pasaba nada interesante: a xente non lía, non falaba, non soñaba, non xogaba, non protestaba, deixábase levar. Mais cando chegou Alexandra a traballar na biblioteca as cousas comezaron a mudar e, sobre todo, cando Mauricio, o mestre, atopou no tranvía o libro das tapas vermellas. Falou na cla...

    3,90 €

  • CORAZÓN DE CHOCOLATE . UN MISTERIO PARA TINTIMÁN EN COMPOSTELA
    JAUREGUIZAR
    Tintimán, un rapaz de dezaseis anos arrichado e algo insolente, herdou do seu pai a paixón por investigar misterios, o amor pola aventura e un axitado traballo de xornalista. En Corazón de chocolate, a cidade de Santiago de Compostela é un escenario emocionante e arriscado para o primeiro misterio que ten que descubrir. O reporteiro investigará se realmente existe a Irmandade X...

    3,90 €

  • AS LÁGRIMAS DE SHIVA
    MALLORQUÍ DEL CORRAL, CÉSAR
    Todo comezou cun enigma: o misterio dun obxecto moi valioso que estivo perdido durante sete décadas: as Lágrimas de Shiva. ...

    3,90 €

  • A SEÑORITA BUBBLE
    COSTAS, LEDICIA
    A xente da vila sentiu un odio repentino pola señorita Bubble desde o mesmo día da súa chegada. A inventora apareceu por sorpresa unha mañá solleira, conducindo un convertible que funcionaba a vapor, e instalouse naquela vivenda que levaba tantos anos deshabitada. Repudiárona polo seu atavío, polos seus inventos, polo seu singular xeito de vivir. Ninguén sospeitaba o que en rea...

    3,90 €

  • AVIÓNS DE PAPEL
    ESTÉVEZ, XAVIER
    Cando o reloxo da igrexa daba as seis e media, unha das fiestras do noveno andar abriuse e un avión de papel amarelo saíu voando, tecendo eses no ceo. O avión perdeu folgos e estrelouse nun terrado de flores. Sería posible coñecer a persoa que se dedicaba todas as tardes a lanzar un avión pola ventá? Grazas a ese avionciño coñecéronse Lucas e Sara, un mozo e unha moza de sexto,...

    3,90 €

Otros libros del autor

  • AIRE NEGRO
    FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN
    Cando o doutor Vítor Moldes comeza a traballar na clínica psiquiátrica Beira Verde, ten como primeira paciente a Laura Novo, unha muller coa memoria borrada, que ocupa as horas do día en escribir de xeito compulsivo o seu nome, aferrada a el coma se fose o único resto dalgún naufraxio emocional. Mediante unha terapia innovadora, o doutor consigue que a paciente abandone a súa p...

    3,90 €

  • DESDE UNHA ESTRELA DISTANTE
    FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN
    Daniela está pasando uns días na casa da súa avoa antes de mudarse coa súa familia a unha nova cidade. Unha tarde sobe ao faiado a explorar e alí leva o susto da súa vida. Ao abrir un baúl, aparécelle un rato decidido a falar con ela e que, en realidade, é un extraterrestre! Poderán chegar a entenderse dous seres tan diferentes? ...

    3,90 €

  • CARTAS DE INVERNO (EDICIÓN CEN MIL)
    FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN
    Despois dunha longa estadía en Quebec, o escritor Xabier Louzao volve a Galicia e atópase coas cartas que o seu amigo Adrián lle escribira durante a súa ausencia. Unhas cartas que, nunha espiral de enigmas, descobren os estraños sucesos que está a vivir Adrián na súa nova casa e que levan a Xabier a acudir na súa axuda. Pero alí, na vella casa colonial, os dous amigos terán que...

    3,90 €

  • MALOS TEMPOS PARA OS FANTASMAS
    FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN
    Cando Marta fai once anos, a súa familia abandona a vila onde residían e trasládase a vivir na cidade. Alugan unha casa antiga e espazosa, sobre a que circulan rumores inquietantes. Unha vez instalados na nova vivenda, comezan a se producir misteriosos sucesos, que afectan sobre todo á vida de Marta. A nena acabará descubrindo que na casa habita un fantasma invisible, co que se...

    3,90 €

  • O RAIO VELOZ
    FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN
    Adrián empeza a traballar como mensaxeiro en O raio veloz e descobre a súa auténtica vocación. Mellora as notas que lle puzo unha profesora demaisado estrita ou cambia os produtos dunha cesta de Nadal destinada a un home gordo. O que non sabe é que el tamén vai empezar a recibir envíos e mensaxes. ...

    3,90 €

  • NOITE DE VORACES SOMBRAS
    FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN
    Sara, unha moza de dezaseis anos, narra de forma apaixonada os acontecementos que durante unhas vacacións de verán na casa da avoa foron un auténtico terremoto na súa vida e lle axudarán, dende entón, a enfrontala dunha forma distinta. No cuarto que ocupa sentirá o inquietante desacougo dunha presencia fantasmal. Alí atopará, tamén, un fato de cartas e fotos, unha libreta de ca...

    3,90 €