STEFANO

2ª Mano

STEFANO

ANDRUETTO, MARÍA TERESA

3,90 €
IVA incluido
Oferta
Editorial:
EDITORIAL GALAXIA
Año de edición:
2010
Materia
Galego
ISBN:
978-84-9865-165-2
Páginas:
104
Encuadernación:
Rústica
Colección:
Costa Oeste

Esta novela narra a viaxe dun adolescente italiano que sae desde Xénova rumbo a Bos Aires na procura de fortuna, a comenzos do século XX, entre as dúas grandes guerras. A fame e a dor, a despedida da súa nai, o camiño cara ao porto cuns amigos que tamén marchan, a viaxe no barco, un naufraxio, a chegada ao porto de Bos Aires, a súa viaxe en tren cara á Pampa, a súa incorporación a un circo…, son algúns dos fitos desa viaxe onde o adolescente se inicia sexualmente, descobre o amor, atopa un traballo e tenta construír a súa identidade na nova terra. Unha novela conmovedora e esperanzada sobre o camiño que debe emprender un neno para se converter en home. Stefano está considerado un clásico, cita de referencia obrigada na literatura xuvenil, que enlaza os acontecemento vitais emocionais da adolescencia coa dura experiencia da emigración, como lle aconteceu a tantos galegos e galegas que tiveron que cruzar o mar cara a unha terra chea de incertezas, onde tiveron que poñer a proba o mellor e o peor que habita no ser humano. A calidade desta obra foi recoñecida con premios e distincións, entre as que destacan, entre outros, o Premio White Ravens 1998 do Internationale Jugendbibliothek. Múnic, Alemaña.

Artículos relacionados

  • ADIÓS MARÍA
    TORRES, XOHANA
    María, ou Maxa, é a protagonista desta historia en que os personaxes son todo. A autora penetra na súa psicoloxía para cercenar as súas almas e poñérnolas diante dos ollos. Na novela atopamos unha clara denuncia social da emigración, as súas causas e as súas consecuencias, así como unha fermosa recreación da linguaxe suburbial. Publicada por primeira vez en 1971, esta é unha da...

    3,90 €

  • TODOS SOMOS
    CALVEIRO, MARCOS
    Dende a desaparición de Natalia os pais de Antón xa non lle deixaban baixar o lixo á noitiña. Parecía incríbel que a súa vida, a vida de todos eles, dese un xiro tan brusco e dramático en tan pouco tempo. As cousas andaran nas mans do demo dende que a nova da desaparición de Natalia, compañeira de clase de Antón, correra como a pólvora por toda a praza da Bichoca. O sábado, ao ...

    3,90 €

  • CAMIÑOS NA AUGA
    NÚÑEZ SINGALA, MANUEL
    "Son un negro / a miña pel é branca / e iso gústame / é a diferenza o que é bonito. / Son un branco / o meu sangue é negro / e iso encántame / é a diferenza o que é bonito. / Gustaríame / que nos entendésemos no amor / que nos comprendésemos no amor e na paz. / A vida será fermosa / cadaquén poderá ter o seu amor / a vida será fermosa". ¿Todos somos diferentes ou todos somos ig...

    3,90 €

  • SETE CAVEIRAS
    GALLEGO ABAD, ELENA
    Cando a xornalista Marta Vilas descobre o cadáver dun motorista aboiando en augas do porto vigués do Berbés, non pode imaxinar que o pequeno xoguete que o seu asasino agochou no peto do morto está a piques de mudarlle a vida. Aquel click, das primeiras series da desaparecida Famobil, é o único fío que parece unir este asasinato co do garda civil rescatado por un pesqueiro de Ca...

    3,90 €

  • COMA UNHA ÁNCORA
    COLLAZO LÓPEZ, IRIA
    Sobre todo, é unha novela de amor. Esa clase de amor que viaxa máis aló das fronteiras, da lóxica e do que coidamos normal. Unha espectacular novela de debut dunha autora que está chamada a protagonizar grandes páxinas na literatura galega. Neste libro atoparás momentos inesquecibles onde se manifestan o misterio e o inexplicable, mais tamén a vida con toda a súa forza, tanta, ...

    3,90 €

  • ÁMOTE LEO A. DESTINO XALUNDES
    ANEIROS, ROSA
    Catro amigos e unha gran viaxe. Este era o plan de Leo ao rematar os estudos universitarios. En cambio, todo se esborralla uns meses antes de partir, cando os seus colegas se botan atrás e Leo debe afrontar unha decisión transcendental: desistir ela tamén ou marchar soa. A encrucillada é difícil e as dúbidas afógana, pero a ansia por coñecer mundo pode máis que todos os medos. ...

    3,90 €